Inicio
Acceso usuarios/as
Alta de usuaria/o
Empresas
Previsión
Procurador cursos
Contacto
folga xeral
Farolas1
15/11/2012 Numerosos/as manifestantes publicaron imaxes nas que a iluminación pública funcionaba á luz do día. O Concello afirma que se trata de «comprobación rutineira e habitual». Ollado en lavozdegalicia
Segundo a Rede Eléctrica Española, o consumo enerxético durante o 14-N de folga foi un 15,5 % menor que o mesmo día da semana pasada. Na Coruña, con todo, os farois funcionaron durante gran parte da mañá.
Folga Xeral 14 N - grande
15/11/2012 Ollado en www.sermosgaliza.com
180.000 manifestantes ateigaron Vigo. Os secretarios xerais da CIG, CCOO e UGT afirmaron que o resultado da xornada de folga volve demostrar que o PP non representa a maioría social.
 
15/11/2012 Os sindicatos CIG, CCOO e UGT cualifican de "día histórico" a xornada, xa que o paro foi secundado por un 90% dos traballadores/as. Ollado en Avantar
Máis de 500.000 persoas mobilizáronse coa CIG, CCOO e UGT en diferentes manifestacións polas principais vilas e cidades de Galiza. Para as organizacións sindicais, trátase do colofón a un “día histórico”, pois a folga xeral que convocaron as tres organizacións acadou un seguimento do 90%. Vigo acolleu o acto central, no que participaron os secretarios xerais da CIG, Suso Seixo, UGT-Galicia, José Antonio Gómez e do S.N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez. Na cidade olívica foron máis de 180.000 as persoas que saíron as rúas convocadas polos tres sindicatos maioritarios.
folga xeral 14n pequena
9/11/2012 Contra a explotación e o empobrecemento, FOLGA XERAL!!!
O secretario xeral da CIG explica as principais razóns da folga xeral do 14-N, unha convocatoria “fronte as intencións do capital de aproveitar a crise para someter e precarizar o mundo do traballo” coa intención inmediata de “rebaixar os salarios nun 20-25%”.
Francia 14N
8/11/2012 Ollado en www.sermosgaliza.com
Cinco sindicatos franceses veñen de convocar para o 14 de novembro unha vaga de mobilizacións e protestas coas que amosar a súa solidariedade cos países europeos que nese día realizan unha folga xeral.
 
7/11/2012 Contra a explocación e o empobrecemento, FOLGA XERAL!!!
Non temos outro camiño como pobo e como clase traballadora. A folga xeral debe mostrar a nosa disposición de resistencia e de loita contra este saqueo. O goberno español do PP decidiu arrasar os nosos dereitos, destruír millóns de empregos, causar pobreza e marxinalidade, deixarnos sen futuro. Todo para alimentar unha grande estafa. Temos que pagar nós a enorme fraude fiscal das grandes empresas, a débeda dos bancos privados e as retribucións multimillonarias dos seus executivos.