Inicio
Acceso usuarios/as
Alta de usuaria/o
Empresas
Previsión
Procurador cursos
Contacto
22/2/2012
Chuza Menéame Twitter de forGA_Galiza
compartir

Primeiras consecuencias da reforma laboral

Unha compañía de Vigo redúcelle a xornada a un empregado escusándose na baixada de ventas e ingresos a causa da crise.
Visto en Avantar

Unha compañía viguesa vén de comunicarlle e un empregado a redución e a modificación unilateral da xornada e do horario de traballo de acordo coa última reforma laboral do Partido Popular. A CIG xa alertara que a nova normativa supón unha desregulación absoluta das condicións de traballo dentro da empresa, tanto no relativo ás funcións que poden desempeñar os empregados/as, como á xornada, ao horario ou ao sistema de rendemento, dándolle prioridade absoluta ás necesidades do empresario sobre os dereitos dos traballadores/as.

 

No escrito que lle foi entregado ao traballador, a dirección da empresa trasládalle a decisión de modificar o seu horario e a súa xornada laboral, pasando de 40 a 30 horas semanais a partir do un de marzo de 2012. A compañía xustifícase aludindo a unha suposta baixada das ventas e dos ingresos no contexto da crise económica.

A comunicación remata lembrándolle que se non está conforme coa medida pode rescindir o seu contrato e percibir unha indemnización de 20 días de salario por ano traballado cun máximo de nove mensualidades.

Todas as medidas que recolle a reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. Coa nova normativa preténdese ademais debilitar a negociación colectiva, dividir os traballadores/as e individualizar as relacións laborais.

A CIG vén alertando que as políticas que está a aplicar o Goberno español do PP van provocar unha caída xeneralizada dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos. Ante isto, a única resposta posíbel é a folga xeral.