Inicio
Acceso usuarios/as
Alta de usuaria/o
Empresas
Previsión
Procurador cursos
Contacto
20/2/2012
Chuza Menéame Twitter de forGA_Galiza
compartir

O alcalde de Cambre púxose á disposición da voda da herdeira de Zara

O edil do Partido Popular en Cambre, Manuel Rivas Caridade, realizou unha "posta a disposición" pública para botar unha man na voda da filla de Amancio Ortega. Así o critica hoxe Esquerda Unida nun comunicado.

 

A moza Marta Ortega, principal herdeira do emporio Inditex, casou esta fin de semana nesta vila coruñesa con Sergio Álvarez Moya. Esquerda Unida critica que o alcalde "tomase a decisión unilateral de ofrecer os servizos do Concello a unha persoa privada", malia que o creador de Zara non aceptou finalmente a oferta.

En opinión de EU, os servizos públicos non poden estar para atender as necesidades dunha cerimonia privada.