Inicio
Acceso usuarios/as
Alta de usuaria/o
Empresas
Previsión
Procurador cursos
Contacto
20/2/2012
Chuza Menéame Twitter de forGA_Galiza
compartir

Convocadas Probas de Avaliación de Competencias Clave

O prazo de presentación de solicitudes é entre o 18 de febreiro e o 2 de marzo, e as probas serán o 14 e o 15 de abril.
As competencias clave son necesarias para acceder a cursar os novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 para aquelas persoas que non posúan os requisitos formativos e académicos de acceso a ditos certificados.

Xornadas Informativas Acreditación da Experiencia Profesional - Decembro 2011

Este proceso que comezou coa apertura do prazo de presentación de solicitudes o día 18 de febreiro rematará o 4 de maio coa publicación de resultados definitivos das probas, tendo o seu momento álxido coas probas que se realizarán en Silleda no fin de semana do 14 e 15 de abril.

As competencias clave convocadas son:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira, Inglés.
  • Competencia matemática.
  • Competencia en tecnoloxía.
  • Competencia en ciencia.
  • Competencia dixital.

Podes baixar a ficha de inscrición para cubrila e presentala en calquera oficina de rexistro da Xunta de Galicia ou do Portelo Único, ou electrónicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galiza.

A documentación que se precisa é, ademais da instancia, a fotocopia do documento de identidade, ou do número de identificación de estranxeiro ou do pasaporte. De solicitar algún tipo de adaptación para realizar as probas, o certificado de minusvalidez en vigor.

Mais información en Convocatoria febreiro 2012.

Ademáis, a forGA dispón dun Servizo Nacional de Estudos e Orientación Laboral, ao que se pode acodir para realizar consultas sobre esta materia. Se pode facer mediante correo electrónico, snorientacion@forga.org, ou por teléfono, no número 981450743.