Inicio
Acceso usuarios/as
Alta de usuaria/o
Empresas
Previsión
Procurador cursos
Contacto
14/2/2012
Chuza Menéame Twitter de forGA_Galiza
compartir

As GalApps xa están no iPhone

Os tres aplicativos do proxecto GalApps, "Toda a lingua galega no teu peto" xa están dispoñíbeis en iTunes para a súa descarga gratuíta.

Os aplicativos, TraductorGalego, DiccionarioGalego, e Conxugalego, que se presetarón o ano pasado para a plataforma Android, acaban de dar o salto á plataforma iOS, co que xa están dispoñíbeis para as dúas plataformas máis importantes de teléfonos intelixentes do mercado.

A presenza en iTunes, a tenda virtual de Apple, supón o recoñecemento da calidade destes aplicativos, xa que os filtros de calidade que se ha de pasar para estár nesta tenda virtual son moi exisentes.

Conxugalego é unha aplicación para teléfonos intelixentes que permite conxugar verbos directamente desde o teléfono móbil.

O DiccionarioGalego está baseado no Dicionario da Real Academia de 1997 (DRAG1997) e contén actualmente unhas 25.000 entradas.O dicionario amosa todas as posíbeis acepcións da palabra buscada e se non a atopa, permite escoller outras que teñan a mesma raíz. Intégrase perfectamente coa aplicación ConxuGalego.

O TradutorGalego obtén todas as traducións do tradutor da web da Xunta de Galicia e está baseado na tecnoloxía Lucy LT. A tradución aplica a tecnoloxía coñecida como “tradución automática por transferencia”.