Inicio
Acceso usuarios/as
Alta de usuaria/o
Empresas
Previsión
Procurador cursos
Contacto
Vídeo de Feijóo intervindo na TV Veo7 para defender a súa particular idea de "Bilingüismo na educación", onde a lingua que se lle ensina aos nenos e nenas que están comezando a falar é o Castelán
21/12/2011

Para Feijóo hai que ensinar na etapa infantil aos nenos e nenas galegos en Castelán, porque se decide así (ou sexa, decídeo el por nós), e non hai diñeiro para que aprendan as 2 linguas. Para Feijóo, xa se dan, en primaria, varias asignaturas en galego, nas que se pode elixir examinarse en castelán, segundo a "peculiar visión de Feijóo", motivado porque, se os pais e nais elixisen o idioma no que os seus fillos fosen escolarizados, os nenos e nenas que falasen galego, no tempo de lecer, constituiríanse como unha facción nacionalista, e os que falasen castelán como outra facción separada, provocando un cisma social.

Esta barbaridade é o que se pode extraer das palabras de Feijóo nesta entrevista, é o seu concepto de "bilingüismo cordial". Galiza merece un Presidente cheo de complexos como este ?. Se se avergoña así do seu idioma que non fará cando nos ten que representar en Madrid ?