15/5/2012
A Consellaría de Traballo e Benestar convoca unha pequena axuda para o permiso de conducir de clase B a mozos e mozas de menos de 30 anos.
No DOG do 14 de maio de 2012 veñen publicadas as bases para obter axudas para a obtención do permiso de conducir de clase B para menores de 30 anos, residentes na Galiza e en situación de desemprego, cunha antigüidade de, polo menos, seis meses. Ademais destes requisitos esíxese que posúa o carné xove e que os ingresos familiares non superen o IPREM, Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, en 2,5 veces. Isto supón uns máximos de 14.910,28 euros para as persoas emancipadas, de 16.556,98 euros para as familias de dous membros, e de 18.637,85 para as familias de tres ou máis membros.