Inicio  
  Acceso Usuarias/os  
  Alta de usuaria/o  
  Nós  
  Contacto  
 
Novas
 
Campaña da plataforma Queremos Galego para elaborar escritos, como nai/pai/titor-a dun neno ou dunha nena na educación infantil, dirixidos á Consellaría de Educación para garantir o dereito á educación en galego 25/06/2010  
 


Campaña da plataforma Queremos Galego para elaborar escritos, como nai/pai/titor-a dun neno ou dunha nena na educación infantil, dirixidos á Consellaría de Educación para garantir o dereito á educación en galego.



Preme aquí para ver o VÍDEO "Polo dereito ao galego na educación infantil"


Plataforma cidadá Queremos Galego



Rúa do Vilar, 15 - 1º dereita | Tel. 981 563 885 | Fax. 981 583 782 | http://www.queremosgalego.org



ESCRITO PARA ENTREGAR COMO NAI/PAI/TITOR-A DUN NENO OU DUNHA NENA
NA EDUCACIÓN INFANTIL, PARA GARANTIR O DEREITO Á EDUCACIÓN EN GALEGO



A Xunta aprobou, a pesar do rexeitamento da comunidade educativa, un novo decreto que, entre outros problemas, non garante que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino en galego na etapa de infantil.


Esta norma foi promulgada de forma unilateral, sen ter en conta a opinión de sindicatos, organizacións estudantís, asociacións de nais e pais, institucións culturais como a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, ou un informe de altísimo nivel xurídico do Consello Consultivo. Este último organismo advertiu á Xunta de que este decreto conculca dereitos na educación infantil.


Que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino na lingua propia até que faga os seis anos de idade é unha situación que non se produce en ningunha outra comunidade do Estado español e que leva o galego a unha situación preautonómica, alén de conculcar o dereito a un ensino igualitario e de calidade.


Por iso, desde Queremos Galego animamos a todas as nais, pais ou titoras e titores de nenas e nenos na etapa de educación infantil a que cubran o formulario que se adxunta neste correo e o remita ao enderezo da nosa plataforma cívica: Queremos Galego, Rúa do Vilar, 15 – 1º dereita, 15705 Santiago de Compostela.


Desde Queremos Galego entregaremos todos os escritos (que serán compilados de acordo coa Lei de protección de datos) no rexistro da Xunta, dirixidos ao Conselleiro de Educación, e achegarémoslle tamén as copias correspondentes a cada centro de ensino á dirección do mesmo, para que teñan constancia.


Este documento está pensado para todas as familias que, falen galego ou castelán, desexen que o seu fillo ou a súa filla teña as garantías para unha educación en galego. Subliñamos isto porque o actual decreto non só dificulta que unha familia falante de galego poida ter ensino neste idioma para o seu fillo/a, senón que imposibilita que un neno dunha familia falante de castelán poida adquirir competencias comunicativas en galego.


Ademais pedimos a todas as nais pais que respondan á pregunta formulada pola Consellaría de Educación: EN GALEGO. A pregunta está formulada de tal xeito que non se quere ter en conta en que lingua se quere escolarizar ás fillas e fillas senón en que lingua falan as nais e pais.


Preme por riba desta ligazón para descargar en pdf o modelo de solicitude, para dirixir á Consellaría de Educación co obxecto de solicitar que se garanta aos/ás teus fillos/as unha educación infantil en galego"


 
 
Voltar