Programa:
Obxectivo xeral:
Facilitar a cualificación profesional das/os traballadoras/es, favorecendo a súa actualización a través da implantación das novas tecnoloxías. Ao remate da acción formativa a/o participante será capaz de entender un texto básico en inglés, expresarse de forma escrita a nivel básico e contestar a preguntas sinxelas en inglés de xeito oral, cumprimentando o desenvolvemento individual da súa carreira profesional.
Obxectivos específicos:
• Repasar os contidos esquecidos tras anos de non practicar co noso inglés.
• Aprender as normas fundamentais de ortografía e gramática elemental.
• Coñecer e saber aplicar as máis habituais expresións tanto na expresión escrita como na expresión oral.
• Ser capaz de responder preguntas sinxelas e iniciar unha conversa.
• Coñecer o uso dos verbos principais e as súas conxugacións e usos.
• Facer preguntas directas e indirectas ao seu interlocutor.
• Entender o uso dos artigos, pronomes, adxectivos e adverbios da lingua inglesa.
• Coñecer algúns verbos de usos especiais.
Programa:
MÓDULO I INGLÉS BÁSICO
UNIDADE DIDÁCTICA 1: Saúdos (9 horas).
UNIDADE DIDÁCTICA 2: O verbo (9 horas).
UNIDADE DIDÁCTICA 3: Construción de formas verbais (15 horas).
UNIDADE DIDÁCTICA 4: Os verbos modais (10 horas).
UNIDADE DIDÁCTICA 5: Verbos con usos especiais (9 horas).
UNIDADE DIDÁCTICA 6: Artigos e pronomes indefinidos (9 horas).
UNIDADE DIDÁCTICA 7: Nomes contables e incontables (9 horas).
UNIDADE DIDÁCTICA 8: Estruturas interrogativas (9 horas).
UNIDADE DIDÁCTICA 9: Diferenza entre a “subject question” e a “non-subject question” (9 horas).
UNIDADE DIDÁCTICA 10: Os adxectivos (9 horas).
UNIDADE DIDÁCTICA 11: Comparativos e superlativos (9 horas).
UNIDADE DIDÁCTICA 12: Os adverbios (9 horas).
MÓDULO TRANSVERSAL: FORMACIÓN PARA A IGUALDADE (10 horas).
MÓDULO TRANSVERSAL: ALFABETIZACIÓN INFORMÁTICA (10 horas).