Programa:
Obxectivos xerais
Establecer o proceso operativo para a realización de soldaduras con procedimentos de arco eléctrico con fío continuo e gas de protección para a unión de chapas, perfís e tubos de estructuras metálicas lixeiras conforme ás especificacións técnicas.
Sensibilizar os/as participantes na igualdade de oportunidades dentro dos ámbetos persoal, familiar e laboral.
Obxectivos específicos
Ao rematar a acción formativa o/a participante será capaz de:
Coñecer os perigros derivados da actividade e prever posibeis accidentes utilizando os procesos e equipas axeitados.
Recoñecer os elementos dunha instalación de soldadura e a súa utilización.
Identificar as propiedades dos gases e os parámetros da súa utilización no proceso de soldadura.
Coñecer as características da súa principal ferramenta de traballo (pistola) e identificar a correcta utilización dela en cada caso.
Definir os parámetros axeitados de cada compoñente a usar.
Instalar a máquina de soldar e os compoñentes do equipo.
Soldar chapas de aceiro ao carbono de espesores medios con fío continuo, en posición horizontal, a tope, ángulo interior e exterior.
Soldar chapas de aceiro ao carbono de espesores finos e medios, con fío continuo, nas distintas posición, a tope e en ángulo.
Soldar con fío continuo perfís normalizados de L, T, I e U en diferentes posicións de soldeo e formas de unión.
CONTIDO
MÓDULO 1: SEGURIDADE E HIXIENE.
MÓDULO 2: ELEMENTOS DA INSTALACIÓN DE SOLDADURA MAG.
MÓDULO 3: GASES.
MÓDULO 4: PISTOLA DE SOLDAR, CARACTERÍSTICAS, CONSERVACIÓN E USO.
MÓDULO 5: PARÁMETROS NA SOLDADURA MAG.
MÓDULO 6: CARACTERÍSTICAS E REXÍMENES DO ARCO ELÉCTRICO.